Rohmer, preludios
Éric Rohmer, 1956-1967
102'. DCP. Subt. Galego
Présentation ou Charlotte et son steak
(Francia, 1960)
Dirección e guión: Éric Rohmer. Intérpretes: Jean-Luc Godard, Andrée Bertrand, Anne Coudret, Stéphane Audran (voz), Anna Karina (voz). Dur: 12'.
Convidado por Charlotte ao seu chalé, o mozo Walter debe ficar no felpudo para non luxar as baldosas da cociña, en canto que ela prepara un filete.
La sonate à Kreutzer
(Francia, 1956)
Dirección e guión: Éric Rohmer. Fotografía: Roland Sarver. Intérpretes: Éric Rohmer, Françoise Martinelli, Jean-Luc Godard, Jean Claude Brialy. Dur: 44'.
Pouco tempo logo do seu casamento cunha moza guapa, Pozdnychev decátase de que a súa vida conxugal non creou ningún outro vínculo coa súa muller que o do amor físico. Atacado polos celos, ponse a espiala e non tarda en sospeitar que o engana con outro home que atopou unha noite. Decide daquela facer que sae de viaxe para sorprendela en flagrante delito...
Véronique et son cancre
(Francia, 1958)
Dirección e guión: Éric Rohmer. Fotografía: Charles Bitsch, Alain Levent. Intérpretes: Nicole Berger, Stella Dassas. Dur: 20'.
Véronique dá clases de matemáticas a un novo mal alumno. A lóxica científica resúltalle allea ao rapaz que responde a fórmulas automáticas con desconcertantes argumentos de sentido común.
Nadja à Paris
(Francia, 1964)
Dirección: Éric Rohmer. Guión: Nadja Tesich, Éric Rohmer. Fotografía: Néstor Almendros. Intérpretes: Nadja Tesich. Dur: 13'.
Unha estudante americana nos lugares de París que adoita frecuentar, comentados por ela mesma. Unha visión obxectiva da capital acompañada dunha visión subxectiva, estranxeira, que restitúe a eses lugares a súa dimensión orixinal.
Une étudiante d'aujourd'hui
(Francia, 1966)
Dirección e guión: Éric Rohmer. Fotografía: Néstor Almendros. Dur: 13'.
Noutros tempos os estudantes vindos de toda Francia frecuentaban as universidades situadas no corazón de París. A situación mudou coa implantación de novas universidades fóra da aglomeración parisiense.
Fermière à Montfaucon
(Francia, 1968)
Dirección e guión: Éric Rohmer. Intérpretes: Monique Sendron. Dur: 13'.
Éric Rohmer filma ao longo das estacións unha agricultora, Monique Sendron, que, baixo a ollada atenta do realizador, nos conta a súa vida na granxa e a súa implicación no seo das organizacións campesiñas.