Risate di Gioia / Llegan los bribones
Mario Monicelli, 1960
105'. DCP. Subt. galego.
RISATE DI GIOIA / LLEGAN LOS BRIBONES
(Italia, 1960)
Dirección: Mario Monicelli. Guión: Suso Cecchi d’Amico, Mario Monicelli, Agenore Incrocci e Furio Scarpelli, sobre relatos de Alberto Moravia. Produción: Titanus. Fotografía: Leonida Barboni. Intérpretes: Anna Magnani, Totò, Ben Gazzara. Duración: 105 minutos.
É a noite de fin de ano e a actriz Gioia Fabbricotti non ten plan ningún. Finalmente, un amigo convídaa a unha festa e acepta. Outra das memorables películas dirixidas por Maio Monicelli, o autor de Rufufú, La gran guerra, La armada Brancaleone ou Habitación para cuatro.
“O curioso é que, a partir de elementos case tópicos tomados dunha novela de Alberto Moravia, Risate di gioia sexa unha película indiscutiblemente moderna, liberada do relato que lle serve de armazón, e de conclusión imprevisible. De aí a súa estraña liberdade, que está entre Cassavetes e o Godard de Vivre sa vie e que nos introduce nun estado de expectación distanciada decididamente insólito” (Miguel Marías).