
143.353 (Los ojos no quieren estar siempre cerrados)
- 117 minutos
O 8 de outubro de 2000, Emilio Silva Barrera publicou un artigo en La Crónica de León, “Mi abuelo también fue un desaparecido”. Alí anunciaba a súa intención de abrir a foxa común anónima e sen localización precisa onde estaban soterrados o seu avó e outros trece civís asasinados por pistoleiros de Falanxe en outubro de 1936. Dez anos despois dese acontecemento, que precipitou o terremoto psicosocial do movemento de recuperación da memoria histórica e que ocasionou exhumacións e debate público sobre a necesidade de investigar a verdade dos mecanismos que adoptou a represión fascista na España das décadas de 1930 e 1940, xorde este proxecto.
É unha contribución á exposición Principio Potosí, inaugurada no Museo Reina Sofía en maio de 2010. Algúns dos argumentos centrais da exposición pasaban polo entrelazamento de modernización e colonialismo: isto é, a explotación e o xenocidio como fundamentos da modernidade capitalista. Sostíñanse mediante este modus operandi: a artistas e activistas en varias partes do mundo pedíaselles realizar proxectos que contestasen obras artísticas procedentes de varios momentos do barroco español ou do colonial latinoamericano. Este proxecto parte de se enfrontar en simultáneo ao cadro Santiago batallando con los moros (1690) de Lucas Valdés e a unha pintura de autoría anónima que data de mediados do século XVIII, que representa o rei español Felipe V baixo as características de Santiago Matamoros. A presenza destas imaxes en Córdoba e La Paz permite formular a pregunta de como circulan, actualizándose no tempo (histórico) e no espazo (xeopolítico), certas articulacións específicas entre o poder e as representacións visuais.
-
Fóra de serie
143.353 (Los ojos no quieren estar siempre cerrados)
Versión lingüística:VOFormato:HDColoquio co director, Marcelo Expósito. Entrada de balde.
- Ano:2010
- Países de produción: España
- Guión: Marcelo Expósito
- Montaxe: Oriol Sánchez
- Produtora(s): Marcelo Expósito, MNCARS, CCCB