René
Helena Trestikova, 2008.
80'. Subt. galego.
Presentación a cargo de Carlota Pérez. Entrada gratuíta.
RENÉ
(República Checa, 2008)
Dirección e guión: Helena Trestiková. Produción: Katerina Cerná e Pavel Strnad. Fotografía: Martin Kubala, Petr Pesek e Stano Slusny. Intérpretes: René Plasil. Duración: 83 minutos.
Retrato que a cineasta checa Helena Trestiková -autora de Hitler, Stalin and me ou Marcela- realiza sobre René Plásil, un mozo conflitivo nos anos finais da década dos 80 na daquela Checoslovaquia. Ao longo dos seguintes vinte anos, Plásil muda de imaxe, entra e sae de institucións e alterna traballos entrementres a cámara da directora permanece a carón del. O intercambio epistolar e a cámara serán os vínculos que certifiquen o paralelismo de ambas as dúas figuras, as súas dificultades para levar a cabo os seus cometidos, integrarse e/ou ser eles mesmos. René indaga con sensibilidade en moitas das cuestións esenciais da contemporaneidade fílmica, a ética da imaxe, a relación suxeito filmado-documentalista, a disgregación dos aparentes límites entre ficción e non ficción.