A quem se lhe conte…
Alberte Pagán, 2011
67'. HD. Presentación do autor. Entrada de balde
A quem se lhe conte…
(Alberte Pagán, 2011, 67')
En novembro de 2002 o petroleiro Prestige naufragou diante das costas galegas orixinando unha marea negra que tinxiu de chapapote mil quilómetros de praias e rochas. Despois da reacción popular baixo o lema Nunca máis, que fica de todo isto? Residuos aquí e acolá, físicos e psicolóxicos, individuais e colectivos. A quen se lhe conte… é unha obra sobre as pegadas da historia na realidade: o chapapote sobre as rochas, as pintadas esvaídas sobre as paredes; a realidade como palimpsesto.