Sospecha
Suspicion
Cary Grant, Joan Fontaine, sir Cedric Hardwicke, Nigel Bruce
- 99
Lina, unha refinada e culta muller da alta sociedade, namórase de Johnnie Aysgarth, mundano e popular. Contra o desexo do pai de Lina, casan. Ao comezo todo vai ben, mais axiña el vai cometer unha serie de desfalcos económicos. O último deles afecta a un vello amigo, Beaky, que está a piques de conseguir unha herdanza. Cando Beaky morre en circunstancias tráxicas, Lina comeza a desconfiar seriamente do seu marido. Óscar á mellor actriz para Joan Fontaine. “A sospeita é, en efecto, un dos temas favoritos do autor de Rebeca, ata tal punto que non hai ningún dos seus filmes en que non apareza. É, dalgunha maneira, o garante psicológico desta idea do “Intercambio” da cal estudaremos máis diante o aspecto moral. Podemos, mesmo, dicir que se trata dun motivo cinematográfico privilexiado. É polo seu intermedio, en todo caso, que Hitchcock chega a expresar unha pura relación de alma a alma, a penetrar na muralla do comportamento, a ir do interior ao exterior, do obxectivo ao subxectivo. As buscas sobre a “subxectividade” levadas a cabo un pouco ás présas no filme precedente (Mr. and Mrs. Smith/Matrimonio original) van encontrar aquí un campo de experiencia máis rico” (Eric Rohmer e Claude Chabrol, Alfred Hitchcock).
- Ano:1941
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Samson Raphaelson, Joan Harrison, Alma Reville; Francis Iles (novela)
- Fotografía: Harry Stradling
- Montaxe: William Hamilton
- Produtora(s): R.K.O.