
Vayu + Baka
- 115 min.
AIR / VAYU (Francia, 1994)
Dirección e guión: Velu Viswanadhan. Producción: Le Jour et la Nuit productions. Fotografia: Velu Viswanadhan, Vinod Manakata (C). Montaxe: Phillipe Labruyère. Dur.: 60 min.
Os catro elementos esenciais da natureza, na India resultan ser cinco: terra, auga, lume, aire e mais éter. Libre polo espacio vaga o aire, chamado vayu" no sánscrito ('va" significa moverse, desprazarse); o aire caracterizase polo movemento e é diáfano, incoloro e sen forma determinada. Envolve a terra, fai posible a vida e reprodúcese infinitamente. A mirada do cineasta detense na rúa, nos camiños, no campo e na vida cotiá da India, preto de Bombay, onde sopran o vento, a voz e as emocións da xente.
BAKA (Bélxica, 1995)
Dirección e guión: Thierry Knauff. Producción: Les productions du Sablier. Fotografía: Michel Baudour, Antoine-Marie Meert (B/N). Montaxe: Thierry Knauff, Philippe Bourgueil. Música: Tradicional "Baka". Dur.: 55 min.
O pobo nómada dos pigmeos "Baka" vive no Camerún, na zona fronteriza con Gabón e o Congo. Este filme de Thierry Knauff deixa que a propia comunidade fale por si mesma e sobre todo que cante. Ningún narrador interrompe os ruídos da selva nin o xogo de sombras da fotografía. A música representa a tradición e sostén a vida ritual e cotiá. As veces os personaxes baten na auga (os "tambores de auga") cando toman un baño mentres cantan.
- Ano:1994-1995
- Países de produción: Bélxica, Francia