
Enviado especial
Foreign Correspondent
Joel McCrea, Laraine Day, Herbert Marshall, George Sanders
- 120
Un xornalista estadounidense especialista en historias de crimes, Johnnie Jones, é enviado a Europa con outra identidade para que envíe informes sobre a situación inmediatamente anterior á guerra do 39. Alí, entra en contacto con Van Meer, un político alemán que está en posesión dun tratado secreto que cobizan os nazis. Jones é testemuña do asasinato en público de Van Meer. Decide investigar e buscar os asasinos. “O doutor Goebbels consideraba Foreign Correspondent como un filme notable e bastante perigoso. Hitch que non ten nada, ordinariamente, de autor “comprometido” fixo unha excepción co nazismo. The Lady Vanishes, este filme, Lifeboat, Notorious, Rope, son, en certa medida, filmes políticos” (Eric Rohmer e Claude Chabrol, Hitchcock).
- Ano:1940
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Charles Bennett, Joan Harrison
- Fotografía: Rudolph Maté
- Montaxe: Otto Lovering, Dorothy Spencer
- Produtora(s): Wanger Productions, United Artists