Public Lighting
MIke Hoolboom, 2004 / 2014
70'. Vídeo HD. Presentación por Mike Hoolboom. Entrada de balde.
PUBLIC LIGHTING
(Canadá, 2004)
Dirección e produción: Mike Hoolboom. Duración: 70 minutos.
Como contamos a historia dunha vida? Que cruel redución dunha imaxe vai quedar (na necrolóxica, no álbum de fotos familiares, na memoria dos amigos) dos anos que transcorreron entre a tumba e un parto difícil? Public Lighting analiza a presente obsesión dos medios de comunicación polas biografías e ofrécenos «os seis tipos de personalidade» (a obsesiva, a narcisista) como estudos de casos e posibles miniexemplos.