Proxecto Nimbos
VV.AA., 2013/2014.
60’.
PROXECTO NIMBOS
(España, 2013/2014)
Dirección, guión e produción: VV.AA. Duración: 40 minutos.
Filme sobre o poeta Xosé María Díaz Castro realizado de acordo coa proposta do colectivo de críticos e programadores Acto de Primavera, baixo estas condicións: “A idea é ben sinxela: propoñémosvos a diversos cineastas que fagades unha peza curta, entre 1 e 5 minutos, asociada a un poema do libro. Non se trata de ilustrar o poema en imaxes, en absoluto, senón de crear unha obra cinematográfica nova que naza da lectura do poema. Cada autor/a que participe escollerá o(s) poema(s) sobre o(s) que quere traballar e a partir de aí, (case) total liberdade. Hai unha única condición, ademais do tempo: desbotamos expresamente o uso íntegro e literal dos poemas do autor, e recomendamos limitar o uso dos textos, se for preciso, a “algúns” versos soltos. (...)”. Máis de trinta directores e directoras responden afirmativamente ao convite, entre eles Xurxo Chirro, Margarita Ledo, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés, Eloy Domínguez Serén, Simone Saibene, Sonia Méndez Alonso, Antón Caeiro, Uxía Blanco, Manuel Álvarez Álvarez, Alex Cancelo, Xoán Escudero, Ramiro Ledo Cordeiro, Pela del Álamo, Manuel del Río, Alberte Pagán e Lois Patiño. Desvelámosvos algunhas das primeiras pezas.