Novas tendencias do cine francés contemporáneo (e II)
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de outubro de 2008
En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña.
Rematamos esta aproximación a algunhas das liñas de indagación fílmica máis interesantes polas que transita o cine francés contemporáneo cun filme de Nicolas Philibert, o autor do célebre documental Ser y tener, que retoma de maneira tanto ensaística como autobiográfica e persoal unha rodaxe na que intervira nos anos 70, Moi, Pierre Rivière… (1976) de René Allio, inspirada nunha crónica criminal estudada polo filósofo francés Michel Foucault. A relación establecida entre as dúas películas, a operación de reescritura e os xogos da memoria propostos, lévannos tamén a recuperar o filme de Allio, que non se estreara en España no seu momento.
Agradecementos: Thomas Petit, Les Films du Losange (Francia).