
MOI, PIERRE RIVIÈRE, AYANT ÉGORGÉ MA MÈRE, MA SOEUR ET MON FRÈRE…
René Allio, 1976.
130´. Subtítulos en galego.
MOI, PIERRE RIVIÈRE, AYANT ÉGORGÉ MA MÈRE, MA SOEUR ET MON FRÈRE… / [EU, PIERRE RIVIÈRE, DESPOIS DE ASASINAR A MIÑA NAI, A MIÑA IRMÁ E O MEU IRMÁN…]
(Francia, 1976)
Dirección: René Allio. Guión: René Allio, Serge Toubiana, Jean Jourdheuil e Pascal Bonitzer, sobre o estudo coordinado por Michel Foucault. Produción: Films Arquebuse, Polsim Production, SFP e INA. Fotografía: Nurith Aviv. Intérpretes: Claude Hébert, Joseph Leportier. Duración: 130 minutos.
Reconstrución dramatizada das memorias do fillo dun campesiño normando condenado a morte polo asasinato da súa familia en 1835. Rivière relatou o seu caso desde o cárcere e o manuscrito adquiriu relevancia grazas ao seu redescubrimento nos anos 70 do século pasado editado como estudo académico baixo a dirección do filósofo francés Michel Foucault. Filmada nos escenarios orixinais en Normandía conserva un compoñente naturalista de corte etnográfico que complementa o visionado do filme de Philibert.