
REGRESO A NORMANDÍA
Nicolas Philibert, 2007.
114´. Subtítulos en castelán.
RETOUR EN NORMANDIE / REGRESO A NORMANDÍA
(Francia, 2007)
Dirección e guión: Nicolas Philibert. Produción: CNC, Canal Plus, Les Films d´Ici, Maïa Films, TPS Star, Arte France e France Télévision Distribution. Fotografía: Katell Djian. Duración: 114 minutos.
Philibert regresa 30 anos despois aos lugares dunha filmación, a de “Moi, Pierre Rivière…”, película de René Allio baseada na análise dun estudo de Foucault en torno a un suceso criminal acontecido no século XIX, onde Philibert exercera de axudante de dirección, para ofrecer un estimulante exercicio de reescritura e mergullo na memoria persoal e colectiva. Apoiado polas peculiares características nas que se xestou a proposta orixinal (actores non profesionais, procura do reparto polo mesmo Philibert, traballo de asimilación etnográfico), como nalgúns traballos de Vardá, Jordá ou o Guerin de “Innisfree”, un rico documento sobre o tempo e os percorridos humanos, que non esquece a propia dimensión fílmica.