Nicolas Klotz. Tempos modernos (I)
Do 1 de marzo de 2009 ao 31 de marzo de 2009
O seminario sobre a película de Nicolas Klotz La cuestión humana (2007), que terá lugar no CGAI o vindeiro mes de abril, o día 24, permite descubrir a este cineasta francés e a súa colaboradora e compañeira, a guionista Elisabeth Perceval. Paria (2000), La Blessure (2005) e La cuestión humana (2007) constitúen o que os seus autores chaman “a triloxía dos tempos modernos” -que veremos completa o mes próximo-, tres títulos filmados entre decembro de 1999 e marzo de 2006, un momento que acreditan como de ameaza á memoria da humanidade, de significativa represión, unha época sombría que convén analizar. Klotz dirixiu tamén curtametraxes, vídeos musicais e obras de teatro.
![LA CUESTIÓN HUMANA LA CUESTIÓN HUMANA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1537.jpg?itok=Nuc82yaj)