Michael Haneke (e III)
Do 1 de marzo de 2006 ao 31 de marzo de 2006
En colaboración con: Museo de Bellas Artes de Bilbao e IVAC-La Filmoteca.
Ciclo dedicado ao director Michael Haneke (Múnic, Alemaña, 1942), galardoado no pasado Festival de Cannes co premio ao mellor director por “Caché”, así mesmo recoñecida como gran triunfadora nos últimos Premios do Cine Europeo. Unha oportunidade excelente de achegarse á filmografía (incluíndo os seus traballos para televisión) dun cineasta caracterizado pola incomodidade e o risco das súas propostas. En palabras de Christopher Sharrett, “Michael Haneke é, tal vez, o máis controvertido dos directores europeos contemporáneos. As súas películas, que non fan concesións ao espectador, lograron tanto o rexeitamento do público (apupado en Cannes) como a súa aprobación, e estableceuse como un dos máis importantes provocadores do cine actual, un concepto perdido nunha época na que a subversión política ou cultural está pasada de moda, concibida con desconfianza, ou como cinismo anti-humanista. Igualmente importante foi a súa presentación de complexas cuestións filosóficas nunha linguaxe cinematográfica formal que posúe unha marcada e intransixente singularidade”. O ciclo prolongarase até inicios do mes de marzo, abarcando desde os seus primeiros e decoñecidos traballos para television até as súas reputadas longametraxes (a data de proxección de “Caché” estará condicionada pola súa estrea en salas comerciais, prevista para mediados de xaneiro).
Agradecementos: Michael Haneke, Claudia Pollak / WEGA-Film (Viena), Kristina Skowranek, Sandra Jedlitschky / SWR (Sttugart), Petra Schmitt / ZDF (Mainz), Gertrud Grosch-Wolf / Telefilm Saar (Saarbrucken), Marion Oberdorfer / ORF (Viena), Fela Brauner-Rozen / CCC Filmkunst (Berlín-Spandau), Danielle Guerlain / Transit Film (Múnic), Petra Putz / ARD (Múnic), Gerlinde V. Wittich / RBB Media (Berlín), Cristina Díaz, Elisa Gambón / The Walt Disney Company Iberia (Madrid).