CACHÉ / ESCONDIDO
Michael Haneke, 2005
117’. Subtítulos en castelán.
2ª sesión o 1 de abril.
CACHÉ / ESCONDIDO
(Austria-Francia-Alemaña, 2005)
Dirección e guión: Michael Haneke. Fotografía: Christian Berger. Produción: Wega Films, Les Films du Losange, Bavaria Films e BIM Distribucione. Intérpretes: Daniel Auteuil, Juliette Binoche, Maurice Bénichou, Annie Girardot, Bernard Le Coq. Duración: 117 minutos.
Georges, presentador dun programa literario na televisión, recibe uns paquetes con misteriosos debuxos e vídeos gravados desde a rúa, nos que aparece el xunto a súa familia. As secuencias dos envíos fanse máis persoais, suxerindo que pode ser alguén coñecido… O extremado relativismo da civilización, a traxectoria cara á náusea, o horror privado sorteando a práctica do cinema de xénero (terror, suspense, drama) nun exercicio de soterrada violencia e desasosego.