EL TIEMPO DEL LOBO
Michael Haneke, 2003
117’. Subtítulos en castelán
LE TEMPS DU LOUP / EL TIEMPO DEL LOBO
(Austria-Francia-Alemaña, 2003)
Dirección e guión: Michael Haneke. Fotografía: Jürgen Jürges. Produción: Alain Sarde, Margaret Menegoz, Michael Weber e Veit Heiduschka. Intérpretes: Isabelle Huppert, Maurice Bénichou, Lucas Biscombe, Patrice Chereau, Béatrice Dalle, Olivier Gourmet. Duración: 113 minutos.
Na mitoloxía xermánica o momento anterior á Apocalipse, aquel no que se trastornan os valores e caen as torres máis altas, coñécese como “O tempo do lobo”. Unha familia de clase media foxe da catástrofe e refúxiase na súa casa de campo. Desolador conto de horror cotián onde Haneke, en verbas súas, achega “unha película para a sociedade superflua, que se sente ben, que se sente a gusto, que ve a fin do mundo pola televisión, porque está lonxe”.