Marcel Carné
Do 1 de marzo de 2010 ao 31 de marzo de 2010
En colaboración coa Alianza Francesa da Coruña.
Primeiro cineasta francés membro da Academia das Belas Artes, activo ata o ano 1976, Marcel Carné (1906-1996) vai formar parte importante dunha listaxe de directores que establecen unha auténtica e produtiva idade de ouro para a cinematografía francesa (Clair, Feyder, Renoir, Duvivier, Guitry, Pagnol, o prematuramente falecido Jean Vigo,...) nos anos 30 e 40 do século pasado. Coñecido pola maxistral Les enfants du paradis (1945), Carné comeza como axudante e pronto establece unha sólida relación co poeta surrealista e guionista Jacques Prévert, un fiel e importante colaborador. Os filmes, impregnados dun realismo de acentuada intensidade poética, que dirixe na etapa da Fronte Popular e na ocupación son indispensables para entender a este autor e a transcendencia do cine realizado entón en Francia.
O CGAI proxecta unha pequena e selecta escolma dos seus traballos, un total de 6 longametraxes que recollen os seus anos de esplendor.

LES ENFANTS DU PARADIS

HÔTEL DU NORD

LES VISITEURS DU SOIR

EL AIRE DE PARÍS

LES TRICHEURS
