
LES ENFANTS DU PARADIS
Marcel Carné, 1945
182´. Subtítulos en castelán.
LES ENFANTS DU PARADIS
(Francia, 1945)
Dirección: Marcel Carné. Guión: Jacques Prévert. Produción: Pathé. Fotografía: Roger Hubert. Intérpretes: Arletty, Jean-Louis Barrault, Pierre Brasseur, María Casares. Duración: 182 minutos.
Seguramente o filme francés máis famoso da Historia do cine. Dividido en dúas partes integradas xuntas, Le Boulevard du crime e L´homme blanc, un melodrama amoroso con fondo teatral. No París teatral de 1828, un mimo namora dunha misteriosa rapaza da feira, á que tamén desexa un escritor revolucionario. O mimo casa e a muller, desilusionada, mantén unha cínica relación cun conde. Anos despois, vólvense atopar. Fluidez narrativa, hábil conxunción de elementos (o uso en alternancia do teatro), a consagración de Arletty, a profunda ironía chea de sabedoría ou o amargo romanticismo do relato constitúen un filme de visión obrigada.