
LES TRICHEURS
Marcel Carné, 1958
123´. Subtítulos en galego.
LES TRICHEURS
(Francia, 1958)
Dirección: Marcel Carné. Guión: Jacques Sigurd, sobre o argumento Les mains vides de Marcel Carné e Charles Spaak. Produción: Silver Films e Cinétel. Fotografía: Claude Renoir. Intérpretes: Jacques Charrier, Laurent Terzieff. Duración: 123 minutos.
Premiado achegamento á xuventude francesa de finais das década dos 50, a primeira xeración que crece coas consecuencias do risco nuclear. Ademais do seu éxito, amosa como Carné –pese aos ataques de Truffaut e outros coetáneos- en certos aspectos non estaba tan lonxe da Nouvelle Vague: a película ten e descobre a moitos actores novos (contempla aparicións de Belmondo e Jacques Perrin), o tratamento do sexo é explícito ou emprega música de jazz (Gillespie, Hawkins,…).