
Con la muerte en los talones
North By Northwest
Cary Grant, Eve Marie Saint, James Mason, Jessie Royce Landis
- 136 minutos
“O cine de acción de Hitchcock encontra en Con la muerte en los talones o seu punto culminante, un brillante e divertido compendio de temas, situacións, personaxes e paradoxos. A idea do perseguidor perseguido, base de películas como Treinta y nueve escalones e Sabotaje (Saboteur), é aquí desenvolvida ata límites delirantes de artificio, espectacularidade, humor e absurdo. Poucas veces chegou Hitchcock tan lonxe no seu desprezo pola verosimilitude da intriga ou pola consistencia do pretexto argumental (a loita por un microfilm ao que practicamente ninguén alude) e poucas veces atinxiu tan altas cotas de perfección na construción, no desenvolvemento, na dosificación dos efectos, na rigorosa utilización dunha imaxinación desbordante e en ‘verosimilitude desbordante’.” (José María Carreño)
- Ano:1959
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Ernest Lehman
- Fotografía: Robert Burks
- Montaxe: George Tomasini
- Produtora(s): Metro-Goldwyn-Mayer