Fóra de serie
Do 1 de xuño de 2008 ao 30 de xuño de 2008
En colaboración co Festival de Curtametraxes Marienbad.
Este mes celébrase a segunda edición do Festival Marienbad, certame con carácter bianual especializado en curtametraxes, sobre todo de corte fantástico, que xa tivera lugar no ano 2006 no CGAI. Nesa ocasión proxectáranse sete traballos que logo acadaron difusión e óptima acollida en festivais. Agora múdase a fórmula, cunha convocatoria aberta de curtametraxes a cargo do propio “Festival de Cortometrajes Marienbad” nunha iniciativa que permita dar a coñecer novas obras. A gala de entrega de premios, coa proxección das curtas ganadoras, ten lugar o día 27 de xuño ás 23.00 horas, precedida na sesión anterior do pase dunha selección de títulos considerados fóra de competición.
Agradecementos: Adrián Zapatería.