II Festival Marienbad
Aproximadamente 60´. Vídeo. Entrada gratuíta.
Proxección das curtas ganadoras e entrega dos galardóns.
Este mes celébrase a segunda edición do Festival Marienbad, certame con
carácter bianual especializado en curtametraxes, sobre todo de corte
fantástico, que xa tivera lugar no ano 2006 no CGAI. Nesa ocasión
proxectáranse sete traballos que logo acadaron difusión e óptima acollida en
festivais. Agora múdase a fórmula, cunha convocatoria aberta de
curtametraxes a cargo do propio “Festival de Cortometrajes Marienbad” nunha
iniciativa que permita dar a coñecer novas obras. A gala de entrega de
premios, coa proxección das curtas ganadoras, ten lugar o día 27 de xuño ás
23.00 horas, precedida na sesión anterior do pase dunha selección de títulos
considerados fóra de competición.