António Campos
Do 4 de outubro de 2022 ao 27 de outubro de 2022
António Maria Pereira Campos (1922-1999) naceu en Leiria o 29 de maio, fillo de Justino Pereira Campos e Aurora Ferreira Campos, casados tempo antes nesa cidade onde, despois da Primeira Guerra Mundial, o seu pai for a official no exército. A unión é efémera, António é separado da súa nai enferma logo do nacemento, sendo criado pola súa tía materna Octavia nos primeiros meses de vida. Vive esporadicamente en Aveiro e Lisboa co seu pai, que more novon, pero a maior parte da infancia e a mocidade transcorre coa familia paterna en Aveiro. Mantén estreitos contactos coa súa familia materna en Leiria e unha grande cercanía con Octavia e a curmá Manuela, dous anos maior. Volta a Leiria aos 22 anos, despois de ter concluido o curso xeral de bacharelato. Frecuenta as tertulias culturais da cidade, marcadas por unha forte conciencia política de oposición ao réxime do Estado Novo, integrase nun grupo de teatro e descobre no cine o sentido que lle guía o resto da súa vida.
Comeza cunha máquina Pathé de 9,5 mm, pero é cunha Payard 8mm adquirida a prazos co primeiro salario de funcionario da secretaría da Escola Comercial de Leiria que comeza a rodar como aficionado (un termo recorrente para o seu propósito, debido á súa paixón e unha falta crónica de medios): primeiro a familia, logo a cidade e o río (Rio Lis) e un pouco máis tarde dous contos, respectivamente, do escritor de Vieira de Leiria Lourenço Botas (Um Tesoiro) e Miguel Torga (O senhor). Cando intenta amosar este último aos habitantes de Vieira de Leiria, a policía llo impide. A excepción das sesións no Cineclube de Oporto, as proxeccións son privadas e discretas, testemuñando o medo a ser obrigado a deixar de filmar, o que logo o levou a retirar de circulación A Invenção de Amor, nun probable acto de autocensura. Aínda así, as películas circulan nestas sesións “clandestinas” e no circuito de cine amateur, acumulando eloxios e defensores, incluidos Henrique Alves Costa e Manoel de Oliveira. Nas pisadas deste recoñecemento público que informaban os diarios locales, a Comissão Municipal de Turismo de Leiria animalle a un novo proxecto que da como resultado Leiria 1960, o último filmado en 8mm. Seguelle o título que o lanza pola vertente documental do seu cine: A Almadraba Atuneira, rexistro da última campaña atuneira dun pobo do Algarve filmado sen equipo, cunha cámara de 16 mm prestada. Nese mesmo 1961, unha bolsa da Fundación Calouste Gulbenkian permitelle unha estancia de tres meses en Londres. Ao regreso, establece unha relación profesional coa Fundación, onde traballa desde febreiro de 1961 ata novembro de 1977, rexistrando en película as súas actividades, principalmente exposicións. Ao marxe da súa colaboración coa Gulbenkian, asina Retratos das Margens do Rio Lis, Chagall – Breve a Lua, Lua Cheia, Vai Aparador e Collage, película inspirada no Ciclo de unha Gota de Auga.
Tras un primeiro intento fallido de adaptar Terra Fria de Ferreira de Castro, comprometeuse, en 1963, co proxecto de longametraxe, nunca realizado, Bonecos de Luz, basado en Romeu Correia. De 1965, A Invenção do Amor, filmada case sen medios con escaso aparato técnico a partires do poema homónimo de Daniel Filipe como parábola da represión da dictadura portuguesa, é unha película importante e eloxiada polos poucos que a viron no seu momento, pero acabará siendo invisible durante moitos anos. O seguinte Vilarinho das Furnas rexistra a desaparición da aldea comunitaria ubicada no val de Rio Homem, no Gerês, ao longo 18 meses difíciles no lugar amenazado pola construción dunha presa. Propoñéndose documentar a realidade comunitaria dunha aldea transmontana, Falamos de Rio de Onor está subvencionado polo Centro Português de Cinema, no marco do proxecto Museo de Imagen y Sonido. Xunto a Vilarinho, sería a película máis publicitada da súa vida, despois de 1974, malia que o atribulado proceso de produción resulta nunha experiencia persoalmente traumática.
Despois do 25 de abril, obtén por primeira vez unha subvención do Instituto Português de Cinema, filmando Gente da Praia da Vieira e A Festa, nun reencontro cos pescadores de Vieira de Leiria. A pesar de ser exclusivamente un activista do cine, filma Paredes Pintadas da Revolução Portuguesa para o Partido Comunista Portugués, á que segue Ex-Votos Portugueses, subvencionada polo IPC. Recupera o seu posto de funcionario ao terminar a súa vinculación coa Fundación Calouste Gulbenkian e se instala en Leiria, onde prepara a singular “crónica cinematográfica” Histórias Selvagens. Todavía a fins da década de 1970, filmou Ti Miséria para a serie de televisión “Contos tradicionais portugueses”. À Descoberta de Leiria é da década seguinte. A longametraxe Terra Fria realizase a principios da década de 1990 con produción de Inforfilmes e a participación d’El Deseo, debutando no Festival de Cine do Mundo en Montreal. O seu último traballo é A Tremonha de Cristal, rodada na ría de Aveiro, no marco dun proxecto de produción conxunta de varios países europeos de películas para televisión. A finais dos anos 80 e 90 obtivo algúns recoñecementos do camiño solitario iniciado na década de 1950. A última gran iniciativa na que participa, en 1994, é a 22ª edición do Festival Internacional de La Rochelle, en Francia, onde dez das súas películas consagran o recoñecemento internacional do seu traballo. Nunha carta dirixida á Cinemateca de regreso do evento asegura ter verificado que o seu proxecto de “facer un mapa vivo de Portugal non tería sido unha mala empresa”. En setembro de 2000, aproximadamente un ano despois da súa morte en Figueira da Foz, a Cinemateca Portuguesa-Museu do Cinema organiza unha ampla retrospectiva da súa filmografía, que se fora conservando e restaurando a partires dos materiais legados polo director á institución. Nesa mesma ocasión, dedicaselle un catálogo que propón a revalorización da súa obra. En 2009, Catarina Alves Costa realizou o retrato documental Falamos de António Campos, que o presenta como un cineasta excepcional, un dos máis singulares directores portugueses.
Cinemateca Portuguesa
Agradecementos. Play-Doc, Cinemateca Portuguesa.
Coa colaboración de