
Programa 7. Fronte de Aragón 1937
120´. Entrada gratuíta.
Fronte de Aragón en 1937
Duración: 1h 59”.
Desde o principio da guerra, as milicias antifranquistas encadradas basicamente polas organizacións anarquistas, intentan conquistar a rexión aragonesa. Os ataques contra Zaragoza, Huesca e Teruel son rexeitados até que a finais de 1937 se conquista Teruel. Durante este ano a República sofre unha grave crise interna da que sae fortalecido o goberno central volvendo dirixir a marcha da guerra, desde Valencia e Barcelona. Os anarquistas perden o control das milicias, transformadas en divisións orgánicas do exército do leste, gañando deste xeito efectividade na fronte, o que permite unha serie de vitorias.
EL CERCO DE HUESCA
(España, 1937)
Produción: SIE Films. Fotografía: Félix Marquet. Duración: 10’10”.
Documental con leves elementos de ficción sobre as operacións e combates levados a cabo no cerco de Huesca, nos primeiros meses de 1937. A cidade nunca chegou a ser conquistada polas forzas republicanas.
ALAS NEGRAS
(España, 1937)
Produción: SIE Films, para o Comisariado de Guerra da 28 División. Fotografía: Félix Marquet. Duración: 12’51”.
Reportaxe sobre a actividade da 28 División e outras forzas republicanas na fronte norte de Aragón. Amósanse imaxes dun forte bombardeo sobre Lleida realizado pola aviación franquista.
ARAGÓN 1937
(España, 1937)
Produción: Laya Film. Fotografía: Manuel Berenguer. Duración: 16’.
Realizado desde a perspectiva do nacionalismo catalán, amosa a vida e organización da produción nas zonas republicanas de Aragón. Presenta Aragón como a vangarda da defensa de Cataluña.
EL GENERAL POZAS VISITA EL FRENTE DE ARAGÓN
(España, 1937)
Produción: SIE Films. Duración: 4’24”.
O xeneral Pozas, xefe do exército do leste, visita a zona de Bujaraloz. Filme significativo por situarse no punto crítico da transformación das milicias antifascistas de orixe anarquista no exército do leste, transformación que se concreta na visita ao cuartel xeral da 26 División, antes chamada “Columna Durruti”.
LA TOMA DE TERUEL
(España, 1937)
Produción: SIE Films. Duración: 6’53”.
Os primeiros momentos da conquista de Teruel, única cidade conquistada polas tropas republicanas. Contén imaxes da conquista de Belchite, presentada como a operación que abre paso a Teruel. Imaxes das rúas da cidade con destrucións, barricadas e movementos de tropas.
TERUEL HA CAÍDO
(España, 1937)
Dirección e fotografía: Miguel Mutiñó. Produción:SIE Films. Duración: 10’22”.
Documental da manifestación celebrada en Barcelona o 27 de decembro de 1937 para conmemorar a caída de Teruel, presentada como proba dos beneficios da unificación do mando republicano e a reorganización das forzas armadas. Á manifestación asisten importantes persoeiros con discursos de Emilio Vanderverle, Rafael Vidiella, secretario xeral do P.S.U.C., León Jouhaux (C.N.T. francesa) e o presidente Lluis Companys.