
Programa 5: Os anos 60
VV.AA, 1961-1969
53'. Vídeo HD. Subt. Castelán
9 Variations on a Dance Theme. Hilary Harris, 1966-67, 12'.
Castro Street (The Coming of Consciousness). Bruce Baillie, 1966, 10'.
Film That Rises to the Surface of Clarified Butter. Owen Land y George Landow, 1968, 8'.
Excerpt from Walden: Diaries, Notes and Sketches. Jonas Mekas, 1969, 13'.
Our Lady of the Sphere. Lawrence Jordan, 1969, 9'.
3-Screen Reconstruction of Cosmic Ray #1-2-3. Bruce Conner, 1961/1965 (reconstrución 2013). 21'.
Os anos sesenta teñen en común unha redución da narración e da atención a accións que permiten investigar elementos do propio medio cinematográfico. 9 Variations on a Dance Theme acentúa os movementos de cámara que artellan unha linguaxe específica, como a da danza. Film That Rises to the Surface of Clarified Butter insiste no aceno do animador de debuxos para volver á metáfora arredor da relación enganosa entre a realidade bidimensional do filme e do mundo real. As superposicións múltiples de Castro Street (The Coming of Consciousness) e o constante travelling revelan a ollada dun camiñante nunha paisaxe industrial paralizada. O fragmento de Walden: Diaries, Notes and Sketches céntrase en vivencias simples e inmediatas, a modo de instantáneas de momentos vitais de Jonas Mekas. De por parte, a recuperación dunha estética de apropiación surrealista converte Our Lady of the Sphere nun relato intencionalmente ilexible entre a ciencia-ficción, o mundo da fantasía infantil e o soño. A sesión péchase con 3-Screen Reconstruction of Cosmic Ray #1-2-3, que alude a como se exhibiu tradicionalmente o cine experimental. (MNCARS)