
Programa 13. Un proxecto político para España: o final da guerra
56´. Entrada gratuíta.
Un proxecto político para España: o final da Guerra
Duración: 41’58”.
Franco expón as súas ideas sobre a organización de España. Igualmente se inclúen documentos sobre a entrada das tropas franquistas en Madrid, ocorrida catro días antes do final da guerra e sobre o conseguinte desfile conmemorativo da vitoria.
FRANCO EN SALAMANCA I
(España, 1937)
Duración: 4’51”.
Fragmento dun documental realizado para a súa difusión no estranxeiro. Contén imaxes dunha recepción ofrecida ao embaixador alemán Wilhelm von Faupel. Franco traballando no seu despacho e dirixíndose á cámara expresa unha concepción do estado totalitario como futuro para España. Franco coa súa muller e filla, que se dirixe aos rapaces alemáns desexándolles que non coñezan os sufrimentos e tristezas que padecen os rapaces españois.
FRANCO EN SALAMANCA II
(España, 1937)
Duración: 1’49”.
Outra versión das mensaxes do documento anterior. Franco diríxese á cámara expresando como o mundo recoñecerá o sacrificio que España fai por Occidente, e como o traballo será o único expoñente da vontade popular. Logo Franco aparece coa súa muller e filla; esta dirixe unha mensaxe aos rapaces do mundo aos que lles desexa que non sufran os padecementos experimentados polos nenos españois.
NOTA EXTRAORDINARIA DEL SEGUNDO AÑO TRIUNFAL
(España, 1939)
Produción: FET y de las JONS. Departamento de Prensa y Propaganda. Sección Iberoamericana. Duración: 2’21”.
O xeneral Juan Yagüe, membro pioneiro da Falanxe, dirixe un saúdo aos países latinoamericanos explicando como o exército e a falanxe forxan unha España grande e unida para os seus heroes, labradores e artesáns.
LA LIBERACIÓN DE MADRID
(España, 1939)
Produción: Departamento Nacional de Cinematografía. Duración: 18’1”.
Documental sobre a entrada das tropas nacionalistas en Madrid. Imaxes de multitudes aclamando o exército, rendición dos mandos da Cidade Universitaria; columnas de prisioneiros republicanos e falanxistas armados patrullando polas rúas.
EL GRAN DESFILE DE LA VICTORIA DE 1939
(España, 1939)
Produción: Departamento Nacional de Cinematografía. Duración: 14’56”.
Reportaxe do desfile da vitoria en Madrid o 19 de maio de 1939, ao longo do Paseo da Castellana, Recoletos e o Prado. O corpo do desfile –que dura varias horas- está constituído polas unidades do exército do centro, participando representacións dos demais exércitos que interviñeron na guerra, incluíndo unidades da lexión Cóndor alemá e da CTV italiana. Franco é condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando, máxima distinción militar española.
VIA CRUCIS DEL SEÑOR EN LAS TIERRAS DE ESPAÑA
(España, 1940)
Dirección: José Luis Sáenz de Heredia. Guión: Manuel Augusto García Viñolas. Produción: Departamento Nacional de Cinematografía. Fotografía: Andrés Pérez Cubero. Duración: 14’.
A Semana Santa como metáfora da relixiosidade derivada do triunfo fascista, outra xustificación da vitoria na presunta cruzada e denuncia da actuación do bando republicano. Con locución de García Viñolas, director do Departamento Nacional de Cinematografía, Sáenz de Heredia, parente do homenaxeado Primo de Rivera, preludia a exaltación do seu traballo “de ficción” inminente, “Raza” (1941).