PLATFORM
Jia Zhang-ke, 2000
155´. Subtítulos en galego.
PLATFORM / ZHAN TAI
(China-Xapón-Francia, 2000)
Dirección e guión: Jia Zhang-ke. Produtor: Kint Ming Li, Ichiyama Shozo. Produción: Hu Tong Communications (Hong Kong), T-mark inc. (Xapón), Artcam International (Francia). Fotografía: Yu Lik Wai. Intérpretes: Wang Hong Wei, Tao Zhao, Jing-Dong Liang, Tian-Yi Yang. Duración: 155 minutos.
O filme que deu a coñecer definitivamente a Jia Zhang-ke en Occidente, premiado no BAFICI, Venecia, Friburgo, Nantes e Singapur. Máis que convincente retrato de grupo ambientado na China dos oitenta conta a historia de Minliang, a súa moza e amigos, membros dunha compañía artística comunista, que ven como as súas vidas se ven afectadas polos enormes cambios sociopolíticos que sofre o país.