The Pittsburgh Documents
Stan Brakhage, 1971
100'. 16mm.
STAN BRAKHAGE
Sesión THE PITTSBURGH DOCUMENTS: Deus Ex (1971), Eyes (1971) e The Act of Seeing With One’s Own Eyes (1971). Duración: 100 minutos.
Stan Brakhage (1933-2003) é un dos cineastas experimentais máis influintes de todos os tempos, ao que o CGAI vai dedicar nos vindeiros meses un par de sesións en cada programación bimestral. Estes programas de carácter temático, a maioría de moi curta duración, teñen como finalidade achegar aos espectadores a un dos cineastas norteamericanos máis importantes, pero tamén, en virtude da súa dedicación a un cine non narrativo, máis descoñecidos, cuio prestixio, paradoxicamente, é quizáis meirande nos espazos das artes plásticas que nos do cine. Esta sesión aparece centrada na triloxía The Pittsburgh Documents (1971), inspirada por institucións públicas da cidade de Pittsburgh e que inclúe unha das súas películas máis famosas e polémicas, The Act of Seeing With One’s Own Eyes.