
As nosas derrotas
Nos défaites
- 96 minutos
As nosas derrotas ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos como os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de filmes do Maio do 68. Que valor teñen a revolución ou o compromiso no seu día a día? Como perciben o mundo no que medran? E, sobre todo, van querer mudalo, destruílo ou construír un novo?
- Ano:2019
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean-Gabriel Périot
- Fotografía: Manon Fourneyron, Sophonie Mgokani Belkie, baixo a dirección de Amine Berrada
- Montaxe: Jean-Gabriel Périot
- Produtora(s): Envie de Tempête