![PIEL DE ASNO PIEL DE ASNO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1063.jpg?itok=14v0BN6G)
PIEL DE ASNO
Jacques Demy, 1970
89´. Subtítulos en castelán.
PEAU D´ÂNE / PIEL DE ASNO
(Francia, 1970)
Dirección: Jacques Demy. Guión: Jacques Demy, sobre o conto de Charles Perrault. Fotografía: Ghislain Cloquet. Produción: Parc Film e Marianne Productions. Intérpretes: Catherine Deneuve, Jean Marais, Jacques Perrin, Delphine Seyrig. Duración: 89 minutos.
Unha fada madriña axuda a unha princesa caída en desgraza a desfacer un matrimonio non desexado. Versión do conto de fadas de Charles Perrault, que desenvolve de novo na obra de Demy o tema do destino e a intervención de figuras simbólicas equivalentes ás fadas.