Pessoa/Lisboa
Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño, 2016
93'. HD. Presentación: A. Ruiz de Samaniego e J.M. Moriño. Entrada de balde
Pessoa/Lisboa
(España,2016)
Dirección: Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño. Guión: Juan Barja, Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño. Locución: Ana Zugasti e Pablo Guerrero. Animación: Carlos Lago. Dur: 93'.
Documental enmarcado dentro da exposición homónima sobre Fernando Pessoa que acolleu o Círculo de Bellas Artes. Con guión e dirección de Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño, esta película explora os principais lugares do escritor portugués na cidade de Lisboa, e confronta distintas citas tiradas da súa obra con vinte e dous emprazamentos da capital lusa.
Estes lugares son na súa maior parte vivendas en que o poeta habitou durante distintas épocas, aínda que tamén inclúen outros lugares ligados á súa escritura como a Rua dos Douradores, o restaurante Martinho da Arcada, a popular Baixa lisboeta… El, ao cabo, deixou constancia en practicamente toda a súa produción literaria da conmoción que sentía polos lugares do seu devir cotián nunha cidade que non abandonou xamais.