Perpetuum mobile
Nicolás Pereda, 2009
86'. Vídeo. Presentación ao coidado do seu autor, entrada de balde, só o día 8.
PERPETUUM MOBILE
(México, 2009)
Dirección e guión: Nicolás Pereda. Produción: En Chinga Films. Fotografía: Alejandro Coronado. Intérpretes: Gabino Rodríguez, Teresa Sánchez. Duración: 86 minutos.
Gabino, traballa facendo mudanzas cun camión escangallado na cidade de México. Vive coa nai, Teresa, que venera o irmán máis vello de Gabino, Miguel, aínda que el nunca os visite. A avoa morre soa no seu apartamento e descóbrena dúas semanas despois.