PERLAS DA ANIMACIÓN CHINESA
(1960-1988)
88´. Entrada gratuíta.
PERLAS DE ANIMACIÓN CHINESA
(China, 1960-1988)
Dirección: Hu Jinging, Te Wei e Ah Da. Duración: 88 minutos.
Sete obras mestras cunha técnica abraiante que ilustran a arte do Studio de Animación de Shanghai que a finais dos anos cincuenta, da man do mestre Te Wei e seguindo as tradicións milenarias da caligrafía e da pintura chinesa, crea unha nova técnica de acuarela animada con tinta chinesa. Sete pezas que amosan a habilidade e delicadeza dos seus autores, e que pola súa expresividade e sensibilidade así como pola técnica empregada, constitúen unha liña particularmente orixinal de animación.