Pánico en el Transiberiano
Eugenio Martín, 1972.
90'. Entrada de balde.
PÁNICO EN EL TRANSIBERIANO / HORROR EXPRESS
(España-Inglaterra, 1972)
Dirección: Eugenio Martín. Guión: Arnaud d’Usseau e Julian Zimet. Produción: Benmar Productions e Granada Films. Fotografía: Alejandro Ulloa. Intérpretes: Christopher Lee, Peter Cushing. Duración: 90 minutos.
O corpo dunha criatura de natureza descoñecida atopado en Manchuria polo profesor Saxton, un arqueólogo inglés, é trasladado a Londres a bordo do lendario ferrocarril transiberiano. Comeza unha orixinal viaxe inzada de intrigas, caras coñecidas –actores que van de Christopher Lee a Telly Savalas, de Alberto de Mendoza a Silvia Tortosa, de Peter Cushing a Víctor Israel ou Jorge Rigaud-, situacións imaxinativas e mortes a raíz da resurrección do monstro que se revela extraterrestre. Premiada no Festival de Sitges de 1972.