OS TRES ESTADIOS DA MELANCOLÍA
Pirjo Honkasalo, 2004.
85’. Subtítulos en galego.
MELANCHOLIAN 3 HUONETTA [OS TRES ESTADIOS DA MELANCOLÍA]
(Finlandia, Dinamarca, Alemaña, Suecia, 2004)
Dirección, guión e fotografía: Pirjo Honkasalo. Produción: Kristiina Pervilä, Pirjo Honkasalo / Oy Millennium Film. Dur.: 85 min.
En Chechenia a guerra civil foi un conflito sen regras, salvaxe e devastador. As súas vítimas máis dolorosas son os nenos, unha xeración nacida orfa que aprendeu a odiar e loitar desde o berce.