
One Way to Boogie Woogie 2012
James Benning, 2012
90'. Vídeo HD.
ONE WAY TO BOOGIE WOOGIE 2012
(Estados Unidos, 2012)
Dirección, produción e fotografía: James Benning. Duración: 90 minutos.
Segundo regreso de Benning a este título. No verán de 2011 Benning volta ao seu Milwaukee natal para realizar a terceira versión do seu filme seminal –asinado en 1977- One Way to Boogie Woogie. En 1977 filmaba 60 localizacións (planos á súa vez de 60 segundos), no val industrial de Milwaukee. Refixo o filme en 2004 como Twenty Seven Years Later, coas mesmas 60 posicións de cámara. Nesta nova versión (a primeira dixital), versión instalación, amosa 18 localizacións similares e con reminiscencias do orixinal.