Oleg y las raras artes
Andrés Duque, España, 2016
70'. DCP. Entrada de balde
OLEG Y LAS RARAS ARTES
(España, 2016)
Dirección: Andrés Duque. Dur: 70'
O cineasta venezolano establecido en Barcelona Andrés Duque garda unha estreita relación co (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a súa primeira edición. Por iso e pola delicada singularidade do seu último filme, a proxección de Oleg y las raras artes é unha ocasión especial e esperada para a Mostra. Un retrato do músico Oleg Karavaychuk, co que Duque parece purgar a intensidade persoal de Ensayo final para utopía, para despregar aquí unha ollada que capta e canaliza con tino a singularidade do seu obxecto. En Oleg y las raras artes vemos tocar a Karavaychuk, vemos a súa cara, o seu corpo, as súas mans e os seus recordos cunha aparente simplicidade que tende silandeiramente a ese feitizo sereno e xentil que invade a quen ve a película. É o misterio do que hai atrás, nas marxes e no contraplano das imaxes de Duque, ese algo que traspasa cada plano e que consegue retratar con humanidade, e en profundidade espiritual, a tan excéntrica e xenial criatura.