Octo-Polbo
Laura de Juan, 2013
27'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
OCTO-POLBO
(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Laura de Juan. Produción: LalaGalicia Films. Intérpretes: Naty Teijo, Yosi Hatillo, Leo Rodríguez. Duración: 27 minutos.
”De como os contos e os seus feitizos poden enchernos de inspiración. De como o pasado dos nosos devanceiros chega a través do océano ás beiras do noso presente e de como, a dor da barbarie sufrida e que se repite no tempo, pode sandar, coa forza da intención e o poder do verdadeiro Amor que bate vivo, dentro da “Muller Salvaxe” que cada unha de nós leva dentro” (Lilua Mailua).
A sesión inclúe outra curta de Laura de Juan -nove minutos de duración- que dialoga con Octo-Polbo, El cazador de pulpos arrepentido. Baseada en feitos reais da vida de Muto Poco, nas súas palabras: “Eu son o responsable das miñas accións irresponsables. A ansia de matar que só me produciu pedras, pedras que levo xa no corazón. Só eu podo superalo”.