![O TEMPO O TEMPO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1692.jpg?itok=TTSQQkU2)
O TEMPO
Souleymane Cissé, 1995
140´. Subtítulos en galego.
WAATI / [O TEMPO]
(Francia-Mali-Burkina Faso, 1995)
Dirección e guión: Souleymane Cissé. Produción: Xavier Castano para Carthago Films S.a.r.l., Les Films Cissé, Erato Films, La Sept Cinéma e Renn Productions. Fotografía: Jean-Jacques Bouhon, Vincenzo Marano e Georgi Rerberg. Intérpretes: Sidi Yaya Cissé, Mariame Amerou. Duración: 140 minutos.
Na Sudáfrica do apartheid, unha familia de negros traballa na pequena explotación agrícola dun branco que os somete a constantes humillacións. Cando a filla pequena, de seis anos, mata a un policía que acaba de abater a seu pai, vese obrigada a fuxir por todo o continente. Coprodución multinacional rodada en varios países africanos (Mali, Costa de Marfil, Sudáfrica e Namibia) que amosa ao Cissé combativo e perspicaz observador da realidade.