
Cine cego
- 65 min.
A conferencia perfomativa Cine cego proponse como unha maneira de activar os materiais do ensaio do mesmo nome (Libros da resistencia, 2023) de Marta Azparren, que investiga a necesidade dunha interrupción visual, unha certa cegueira fronte á sobreexposición ás imaxes.
A partir dunha serie de proxeccións comentadas e accións, viáxase a través das catro cores/capítulos do libro: branco, negro, vermello, azul, como escusa para xerar unha reflexión sobre a mirada exhausta contemporánea, a cegueira física e simbólica e a necesidade dunha pausa que abra novas posibilidades de percepción.
Na parte final da charla activarase un fragmento da performance «Última imagen silencio», coa artista sonora Haize Lizarazu.
- Ano:2023
- Países de produción: España