O estranho caso de Angélica
Manoel de Oliveira, 2010.
97´. Subt. Castelán.
O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA
(España-Francia-Portugal-Brasil, 2010)
Dirección guión: Manoel de Oliveira. Produción: Eddie Saeta SA, Filmes do Tejo, Lusomundo, RTP e Les Films de l´Après Midi. Fotografía: Sabine Lancelin. Intérpretes: Ricardo Trepa, Pilar López de Ayala, Filipe Vargas. Duración: 97 minutos.
Isaac, un fotógrafo de pasado misterioso, chega nos anos 50 a unha vila portuguesa. Alí, en plena noite, recibe o estraño encargo de realizar o último retrato dunha moza que acaba de finar, Angélica, falecida logo da súa voda. Un vello e censurado proxecto de Oliveira –escrito inicialmente en 1954- que contén elementos autobiográficos e permite seguir a traxectoria, practicamente sobrenatural e máis alá da vida e a morte, do seu autor. A obsesión polo ser amado, o pracer estético e a finitude son algunhas das grandes cuestións formuladas no filme.