
Cuento de verano
Conte d'été
Melvil Poupaud, Amanda Langlet
- 113 minutos
O terceiro filme do ciclo dos Contos das Catro Estacións presenta o verán dun mozo melómano, en aparencia solitario, Gaspard, de vacacións no balneario francés de Dinard. A súa idea é atoparse alí con Lena, da que está fondamente namorado. Mais neses días coñece a dúas mozas máis que quizais lle suxiran novos rumbos ao seu corazón. Perspicaz, natural, sinxelo, o retratista do verán que é Éric Rohmer, de novo elabora unha narración pola que sobresae o hábil e maxistral explorador das emocións.
- Ano:1996
- Países de produción: Francia
- Guión: Éric Rohmer
- Fotografía: Diane Baratier
- Produtora(s): Les Films du Losange