
O ARQUITECTO E A CIUDADE VELHA
Catarina Alves, 2003
72´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
O ARQUITECTO E A CIUDADE VELHA
(Portugal, 2003)
Dirección e guión: Catarina Alves Costa. Produción: Laranja Azul. Fotografía: Joâo Ribeiro e Catarina Alves Costa. Duración: 72 minutos.
Asistimos aos esforzos do célebre arquitecto Álvaro Siza por executar un plan de restauración nunha poboación da ex-colonia Cabo Verde. Ante a precariedade de medios e a constatación de que ambas as partes imaxinan un futuro distinto, o proxecto común parece rematar, cun coidado estilo observacional, nun amargo desencontro.