
NUESTRA MÚSICA
Jean-Luc Godard, 2004.
80’. Subtítulos en castelán. Entrada gratuita.
NOTRE MUSIQUE / NUESTRA MÚSICA
(Francia, 2004)
Dirección e guión: Jean-Luc Godard. Produción: Peripheria. Fotografía: Julien Hirsch, Jean-Christophe Beauvallet. Intérpretes: Sarah Adler, Nade Dieu, Rony Kramer, Georges Aguilar, Leticia Gutiérrez. Dur.: 80 min.
Inferno: imaxes de guerra. Avións, tanques, barcos, explosións, disparos, execucións… Purgatorio: Saraxevo hoxe, martirizado coma moitos outros países. Personaxes reais e imaxinarios. Paraíso: unha moza que vimos no purgatorio, autosacrificada, encontra a paz na auga, nunha praia vixiada por marines. A mellor película do ano para a Fipresci (Federación Internacional de Prensa Cinematográfica).