The nuer
Hilary Harris e George Breidenbach, 1971.
73’. Subt. Galego
THE NUER
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: Hilary Harris e George Breidenbach, coa colaboración de Robert Gardner. Produción: Film Study Center. Duración: 73 minutos.
Clásico do cine etnográfico. Poética aproximación aos ritmos, ritos e formas de vida dunha aldea do sur de Sudán, os nuer do título, veciños de árabes e dinkas, coñecidos polos estudos realizados sobre eles logo da visita de E.E. Evans Pritchard. Rodada en 16 mm.