NOTAS SOBRE A RESISTENCIA
Martin Krenn, 2006
65´. Vídeo. Subtítulos en galego.
AUFZEICHNUNGEN ZUM WIDERSTAND / NOTES ON RESISTANCE / [NOTAS SOBRE A RESISTENCIA]
(Austria, 2006)
Dirección: Martin Krenn. Guión: Martin Krenn e Nina Maron. Produción: Martin Krenn e Amour Fou Filmproduktion. Fotografía: Martin Krenn e Thomas Woschitz. Duración: 65 minutos.
Investigación sobre as formas de resistencia contra o fascismo en Austria, España e Francia nos anos 30 e 40. O protagonista principal é Harry Spiegel, que conta partes da súa vida que se ilustran con debuxos animados. A película complétase con entrevistas a persoas próximas ao ancián combatente, que morreu pouco antes da rodaxe.