NON È GIUSTO
Antonietta De Lillo, 2001.
90´. Subtítulos en castelán. Presentación revista «Quaderni del CSCI» coa presenza da súa directora e editora, Daniela Aronica. Entrada gratuíta.
NON È GIUSTO
(Italia, 2001)
Dirección e guión: Antonietta de Lillo. Produción: Megaris, Mikado Film e Bianca Film. Fotografía: Cesare Accetta. Intérpretes: Maddalena Polistina, Daniel Podromo, Antonio Manzini. Duración: 90 minutos.
Todo apesta, non é xusto, din con ira, tristura e ata con risa Sofía e Valerio, dous adolescentes que coinciden casualmente nunha soleada pero deserta Nápoles, ambos coa ausencia absoluta das nais, salvo un par de chamadas telefónicas. Seus pais corentóns, homes solitarios, separados, febles ata na súa aparencia, recorren ás mentiras para que os mozos sintan seguridade ou estabilidade dentro da farsa familiar. Sofía e Valerio pronto converten a súa amizade na seguridade que procuraban e Nápoles no seu terreo de xogo e experimentación.