Short Fuse
Kit Robinson, Sara Floor, Ericka McConnell, Melissa Brassfield
- 37 min.
Reúne imaxes de actividades recreativas e acontecementos públicos (surf, partidos de baloncesto, desfiles, vodas, voos en á delta, atraccións de feira, casinos de Las Vegas, parellas adultas e grupos de nenos en situacións de lecer, etc.) xunto con outras indicativas de fraxilidade ou morte (cemiterios, centrais nucleares, consultas e operacións médicas, equipamentos militares, imaxes de batallas aéreas e navais da Segunda Guerra Mundial e accións de protesta de persoas con VIH/sida).
«Sobre a temática de Short Fuse: ao utilizar cuestións “de primeira plana” nun contexto fílmico non tradicional, espero resaltar e propoñer un xeito de mirar o mundo que provoque dúbida e reconsideración. As palmas nas costas e a confirmación do que o espectador xa sabe non constitúen un terreo fértil para nutrir a arte nin para iluminar unha weltanschauung». (Warren Sonbert)
Música: Serguéi Prokófiev (fragmento repetido do Concerto para piano nº 1, Op. 10, «I. Allegro brioso»), The Platters («Ebb Tide»), Bernard Herrmann («Scotty Tails Madeleine» de Vertigo), Tito Schipa («Marechiare»), Richard Rodgers («Beneath the Southern Cross»), Jimmy Dorsey Orchestra («Yours», «There’ll Be Blue Birds Over The White Hills of Dover»), Mandy Patinkin («Yossel, Yossel»), Johann Strauss («Marcha Radetzky»), Richard Wagner («Morgenröte, “Heil König Heinrich!”» de Lohengrin), Laura Branigan («Gloria»).
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Where Did Our Love Go?
A Woman’s Touch
Short Fuse
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presenta: Carlos Saldaña.
- Ano:1992
- Países de produción: Estados Unidos