Where Did Our Love Go?
Gerard Malanga, Debbie Caen, Barbara Hodes, Andrew Meyer, Frank Meyer, Clare Werhle
- 15 min.
Unha sucesión de escenas filmadas en cámara, enlazando distintos grupos de persoas en espazos públicos e privados de Nova York.
«Rodada e montada sobre a marcha en pleno solsticio de verán en Nova York. Proxectada muda e a velocidade variable. En verdade, a miña primeira película… ante todo, unha liberación do movemento ou unha exploración de patróns/formas dentro da elite xuvenil do oropel. Unha exposición de Wesselmann na galería Janis, a Factory de Warhol na rúa 47, a inauguración do club Cheetah, a visita a un amigo no hospital de Bellevue, a rúa 42, moda-arte-pop-cine, etc. Unha película que acusa o paso do tempo». «É… unha “película caseira” montada ao azar, na que a xente á que máis quero está entrelazada de forma inseparable, flúese duns a outros… É unha película sobre o encanto de Nova York… Nova York é a nostalxia do presente… Para a banda sonora usei rock and roll antigo: a música máis nostálxica que existe». (Warren Sonbert)
Música: The Fleetwoods («Come Softly To Me»), The Shangri-Las («Past, Present and Future», «He Cried»), The Shirelles («Will You Love Me Tomorrow»), The Ronettes («Be My Baby»).
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Where Did Our Love Go?
A Woman’s Touch
Short Fuse
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presenta: Carlos Saldaña.
- Ano:1966
- Países de produción: Estados Unidos